sábado, 17 de marzo de 2012

Defensores da nosa lingua

Hoxe falaremos desa época tan escura para Galicia e a lingua galega, onde algúns séculos atrás viviu unha gran decadencia. A consecuencia da imposición do castelán como lingua oficial en Galicia, provocou ca  lingua galega quedara nun segundo prano. E dicir, nos ambitos de importancia social -escritos admi nistrativos, políticos...deixáronse de ver mostras escritas en galego, tamén nas igrexas deixouse de impartir misa en galego. E como vós podedes imaxinar tampouco amosaban mostras de literatura galega. Pero houbo algúns escritores galegos que quixeron cambiar esta situación actuando contra este uso exclusivo da lingua castelá, e escribiron obras literarias onde mostraban os seus pensamentos ante este tempo escuro para a lingua galega, estes escritores indignados pola situación da nosa lingua nese momento fixéronse chamar "ilustrados" e algúns destes foron:Diego Sarmiento de Acuña , que escribiu sobre a situación da lingua da época; outro foi o padre fray Martín Sarmiento , que nas súas obras denunciaba a falta de uso da lingua galega na administración, ensinanza, igrexa... ; outro ilustrado foi o Padre Feijoo , que rechazaba a condición do dialecto galego; outro foi, Sobreira, que continuou o labor de Sarmiento.
 Do padre Feijoo podemos dicir que tivo gran importancia na literatura galega, as súas obras se caracterizan sempre pola enorme sabiduría  e o seu bo humor; e Feijoo deixou un epitafio, e dicir unha frase para que o recordaran cando el morrera, esta e moi famosa e di así:

Aquí yace un estudiante
de mediana pluma y labio,
que trabajó por ser sabio
y murió al fin ignorante.
 (fotografía que realizei dun libro de Antonio J. Onieva "Cien Figuras" )

Grazas a estes escritores que votaron  pra diante, que se mollaron nunha época difícil para os defensores da nosa terra, e que decidieron loitar pola nosa lingua, temos algunhas mostras de lingua galega na literatura dos seculos XVI,XVII e XVIII.


No hay comentarios:

Publicar un comentario