sábado, 11 de febrero de 2012

A miña terra, I.M

Hoxe vou aproveitar para falarvos do camino de Santiago de Compostela, tema que pareceme moi interesante xa que o camino esta na terra onde eu nacín, o camino significou econtrar un punto de referencia que contribuiu a consolidación dos territorios conquistados polas emerxentes monarquías cristianas ademas de abrir diferentes vías de comunicación con Europa. Polo tanto podemos e debemos dicir que o camino foi un avanze cultural moi importante xa que logrou a conexión das xentes de toda Europa e o mundo enteiro, os chamados peregrinos, chegaban a Santiago de todas partes do mundo e esta mezcla de culturas, xentes de todolos lugares provocou un gran desarroio social, primeiro porque pasou a ser o lugar maís famoso e moi coñecido nese momento, e a diversidade de culturas supoñe un desarroio cultural.
Agora ben o maís importante que temos que destacar e que esto non cambiou en absoluto, xa que milleiros de peregrinos fan o camino de Santiago e moitos veñen de lugares moi lonxevos a Galicia, polo tanto podemos decir con toda seguridade que Santiago e unha cidade que sigue tendo moitisima importancia na actualidade e así perdurará no furturo polo camiño a súa preciada historia e como non a súa maribillosa catedral romanica, coñecida en todo o mundo, e que é a parte final; e dicir o punto de remate, o destino do camiño.
Se falamos sobre a orixe do camino a verdade é dificil de precisar pero vouvos contar a lenda mitica do porque do orixe, temos que diferenciar tres momentos: a morte e decapitación do apostol en Xudea, o posteriror traslado do seu corpo de Palestina a Galica nunha barca de pedra; e por ultimo o descubrimento do sepulcro polo eremita Pelayo e o obispo Teodomiro; historia que vimos nun breve relato na clase, onde se explicaba esta pequena historia dunha forma bastante comica.

Supoño que todolos galegos ou maioría hemos disfrutado da catedral; e con esta a sua tradicion, o famoso choque da cabeza repetido tres veces contra o chamado "Santo dos croques" ao que se lle identifica co Maestro Mateo, tradición que por certo actualmente xa non esta permitida debido o deterioro desta escultura. E a parte de disfrutar desta catedral se vas a Santiago en semana santa ou verao (sobretodo) poderas ver os peregrinos amosados frente a esta fermosa catedral.


Aquí vos deixo un enlace dunha exposición itinerante de "Europa fue camino" onde se fala da peregrinación a Santiago na edad media:
http://www.andalucia.org/eventos/exposicion-europa-fue-camino-la-peregrinacion-a-santiago-en-la-edad-media/

No hay comentarios:

Publicar un comentario